Operativo de tráfico ‘Peregrina 2019’

15

Por mor das festas da Peregrina, e como vén sendo tradicional, o luns 5 de agosto as rúas Raíña Victoria e Alameda pecharanse ao tráfico, a partir das 23:00 horas.

Prohibirase o estacionamento nas seguintes rúas:

  • Martitegui o día 5 de agosto ás 15:00 horas.
  • Alameda e o día 5 de agosto ás 21:00 horas.
  • Raíña Vitoria o día 5 de agosto as 21:00 horas.

A partir das 23:00 horas do luns día 5 de agosto procederase ao peche das rúas Alameda e Raíña Vitoria coa modificación de sinalización e cambios de sentido de circulación que se relacionan:

RAÍÑA VICTORIA: Corte de tráfico dende a entrada e saída do aparcadoiro da Alameda ata cruce rúa Palamios.

ALAMEDA, dende a rotonda San Roque-Paseo Colón ata rúa Enrique Marescot (Subdelegación Goberno).

RÚAS AFECTADAS

Rúa Echegarai:

Restrínxese a circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa Maestranza (fronte fachada principal Facultade Belas Artes e Ambulatorio Virxe Peregrina.

Xeneral Martitegui

• Invértese a dirección da rúa Xeneral Martitegui, co fin de permitir o acceso á rúa Maestranza – Echegarai e aparcadoiro Praza España.

Rúa San Roque.

  • Restrínxese o tráfico de acceso dende Corbaceiras ata rúa Alameda, agás residentes
  • Dende Paseo Colón dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, agás entrada aparcadoiro soterrado (acceso rúa Raíña Victoria).

Outros

Traslado da Parada de Taxis á rúa Xeneral Martitegui (marxe esquerda segundo novo sentido de circulación.

Marxe dereita:

Zona de Carga e descarga o Zona de Servizos

Reserva estacionamento para persoas con mobilidade reducida (preto Alameda)

RESTRICCIÓNS DE TRAFICO PEREGRINA 2019

PUNTOS DE CORTE OU DESVIOS
o Punto 1 (Palamios – acceso Rosalía de Castro): Sinal de entrada prohibida cara San Roque. Sinal de sentido obrigatorio cara Avda. Raíña Vitoria.

o Punto 2 (Praza da Liberdade Xeneral Rubín): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “agás residentes e servizos rúas Centro Historico e San Xosé”.

o Punto 3 (Raíña Vitoria Palamios): Valado de peche de rúa, con sinal de entrada prohibida e sinal de sentido obrigatorio a dereita (cara Pastor Díaz).

o Punto 4 (Glorieta Paseo Colon Raíña Vitoria): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “agás Parking”.

o Punto 5 (Glorieta Paseo Colon Alameda): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “ agás garaxes”.

o Punto 6 (Alameda E. Marescot): Valado de peche de rúa con sinal de entrada prohibida e sinal de dirección obrigatoria a dereita (E: Marescot).

o Punto 7 (Corbaceiras San Roque): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “ agás residentes e servizos”.

É habitual que os primeiros días, se produzan retencións de tráfico por mor dos cambios de circulación. Os puntos máis conflitivos serán:

A primeira hora da maña:
• Tráfico entrada cidade por Ponte da Barca e San Roque. Recomendase o acceso á cidade por Domingo Fontán.

A media maña

• Entre as 10:00 e 13:00 horas, Eduardo Pondal cara a Uxío Novoneira, Cobián Areal e Benito Corbal (haberá dispostivo especial de vixianza tráfico con desvíos puntuais).

Última hora da mañá

• A partir das 13:00, saída cidade: Xeneral Rubín – Fernández Ladreda – Manuel del Palacio cara a Ponte das Correntes cara as praias. Recomendase utilizar a AP-9 como alternativa para desprazarse entre norte e sur da cidade.

VÍAS ALTERNATIVAS AO TRÁFICO DE SAÍDA CARA PONTE DA BARCA

  • A Saída principal cara a Poio ou estrada Vilagarcia será por Domingo Fontán (Nó de Bombeiros)..
  • O tráfico procedente de Augusto González Besada cara a Raíña Vitoria será desviado pola rúa Xeneral Rubín cara a Fernández Ladreda – Manuel del Palacio – Av. Corbaceiras – e Uruguai coa seguinte alternativa ao tráfico:
  • Ponte das Correntes – Domingo Fontán e saída cara a estrada Sanxenxo ou Vilagarcia e AP-9
  • ENTRADA CIDADE PROCEDENTE ESTRADA POIO
    • Entrada Ponte da Barca – Paseo Colón coa alternativa de San Roque cara a Corbaceiras ou Manuel del Palacio.
    • Ponte das Correntes: Con diversas alternativas a distintos destinos da cidade ou paso da mesma.

ALTERNATIVA AO TRÁFICO ENTRADA E SAÍDA CIDADE

• Accesos autopista (AP-9)

COMPARTIR