O Consello Aberto da Feira Franca decidirá o vindeiro mércores as persoas e entidades homenaxeadas

55

A concelleira de Festas, Carme da Silva, vén de anunciar que o vindeiro xoves se farán púlbicas as persoas e entidades que serán homenaxeadas con motivo da XX edición da Feira Franca, toda vez que as propostas sexan aprobadas o mércores a última tarde no Consello Aberto. 

Carme da Silva lembrou que esta homenaxe vai ligada ao 20 aniversario  da Feira, o que lle confire a esta cita “un carácter moi especial” e que o que se pretende é “simbolizar o recoñecemento a todas as persoas e entidades implicadas para que esta cita se siga mantendo e co nivel de participación e de calidade que ten”.  

A concelleira tamén anunciou que, tras revisar todas as solicitudes, hai confirmadas 400 mesas, das que 250 corresponden a particulares e 150 a hostalaría. “É unha cantidade máis elevada que o ano pasado e coa que chegamos ao tope, porque máis disto xa non podemos porque non queda espazo físico”.

En canto ao número de  postos, habilitaranse 33 postos de mercado de alimentación que se distribuirán entre Alameda, avenida de Montero Ríos, praza de España, rúa Pasantería e praza de Curros Enríquez; e 37 postos de mercado de artesanía que se ubicarán na avenida de Santa María.

A XX edición da Feira Franca, que se celebrá os vindeiros 6 e 7 de setembro e cuxa temática será a propia Feria Franca, recuperará elementos, espectáculos e actividades que se foron realizando durante a traxectoria desta cita.