O VII Festival das Núbebes regresa a Pontevedra e suma a maxia ás propostas de teatro, música e danza.

193
  • Terá lugar  os días 20, 21, 22, 28 e 29 de setembro na Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo e o Casino Mercantil.
  • As entradas para os espectáculos de pago estciparán á venda anticipadamente en Ataquilla.com a partir de mañá as 9:00h.
  • Os espectáculos de balde precisan igualmente de retirada de entrada na billeteira do Principal en horario de mañá ou tarde segundo a celebración do mesmo.

A concelleira de Cultura Carme Fouces, presentou esta mañá acompañada do Director da AGADIC, Jacobo Sutil e  Baobab Teatro – coordinadora da programación- unha nova edición do Festival das Núbebes. “A sétima!. Que nía dicir que chegaríamos ata aquí cando comezamos en 2012, con espazo case experimental, nunha época de retroceso. Pero apostamos e hoxe é o proxecto consolidado isto permite entre outras cousas, a colaboración do AGADIC, que financia festivais asentados e cun determinado percorrido, como é o caso”.

Carme continuo destacando a aposta que o Concello de Pontevedra leva anos facendo pola cultura, accesible a todos e á riqueza da nosa cidade tanto pola calidade e contidade de público como polo talento local. É o caso de Andrea Bayer e Óscar, de Baobab Teatro que “fan posible montar algo así con bebés, complicadísimo e único en Galicia. Pero eles ademais do traballo que fan con Baobab, controlan o mercado, asisten a feiras fóra e seleccionan o mellor”. Tamén destacou o traballo de entidades como Amencer, que leva anos colaborando e este ano por primeira vez, Down-Xuntos, que impartirá o obradoiro “Cociñando Xuntos” para bebés e familia.

Jacobo Sutil sinalou a importancia e interés do Festival e apuntou á colaboración da Xunta a través das axudas en concorrencia competitiva que convocan e apoyan e financian aqueles festivais que “consideramos estratéxicos para o sector escénico e desfrute da poboación. Na convocatoria deste ano foron moitas as propostas achegadas, distribuídas por todo o territorio e hai que destacar que non só so festivais destinados a público adulto, de teatro máis tradicional senón como esta que hoxe presentamos, moito máis específica e non por iso menos interesante, senón ao contrario. Tal e comentei o ano pasado na presentación, con este tipo de iniciativas collemos aos espectadores dende o primeiro momento, creando público tan necesario para as artes escénicas”. Sinalou a Baobab Teatro, coordinadora do programa, como unha das compañías punteiras do momento e se despediu co desexo de que “este tipo de programas cheguen a máis sitios pero sobre todo que se manteña e se conserve tan ben coidado en Pontevedra”.

Andrea Bayer, de Baobab Teatro debullou a programación apuntando ao incremento da dificultade na selección xa que “cada ano somos máis esixentes e o público tamén o é. Xa nos piden cousas, proponen, etc. por iso para nós era importante que a programación levara un forte selo galego, partindo dende Pontevedra onde hai moi boa semente, tamén compañías e profesionais da  nosa comunidade e de feiras do exterior, onde tamén imos a feiras. Estou emocionada porque creo que nos quedou un programa precioso, con danza, teatro, música e por primeira vez, máxia, da man do Mago Paco que ademais é de Marín que se atreveu a facer espectáculo par estas idades.”

Bayer puxo en valor a colaboración de entidades da cidade como o Museo, que se suma aos espazos por primeira vez, Amencer Aspace ou Down Xuntos, de artistas locais como Cora Velasco que estará na inauguración ou Marcelo Dobode e a súa Banda Moraima, que estarán na clausura. Sinalou tamén a presencia de Asturias con Kamante Teatro e Eugenia Manzanera, de reconocido prestixio, procendente de Salamanca.

Entre as novidades apuntou tamén o cambio dos obradoiros para profesionais para a 1ª fin de semana de outubro, facilitando a súa participación xa que “setembro é un mes complicado para eles polo inicio do curso e os periodos de adaptación”

Sobre as entradas, as dos espectáculos de pago estarán en venda anticipada a partir de mañá xoves 12 ás 9:00h. en Ataquilla.com e para os de balde, é precisa a retirada na billeteira do Principal en horario de mañá ou tarde, dependendo de cando teña lugar o espectáculo.