O vindeiro luns comezan as sesións informativas sobre a factura eléctrica e reclamacións polos cortes de luz

28
  • Terá lugar no Centro Leste ás 19:30h e estará impartida pola Unión de consumidores de Galicia
  • Continuarán os días 2, 8, 11 e 18 de outubro na Casa da Luz, Monte Porreiro, Lérez e Campañó. 

A primeira das sesións organizadas polo Concello sobre a factura eléctrica e sobre posibles reclamacións ante os cortes de luz e fallos no subministro, terá lugar o vindeiro luns, 30 de setembro, no Centro Leste. 

As seguintes charlas terán lugar o mércores 2 de outubro na Casa da Luz, o martes 8 na Casa de Cultura de Monte Porreiro, o venres 11 na Casa de Cultura de Lérez, e o venres 18 na Casa da Cultura de Campañó. Todas darán comezo ás 19:30h e estarán impartidas por persoal técnico da Unión de consumidores de Galicia.

Hai que lembrar que estas sesións xorden da necesidade de abordar, conxuntamente coa veciñanza afectada, as posibles compensacións que a empresa subministradora de electricidade (Naturgy) debe asumir polos continuos fallos na rede e cortes de luz. A iniciativa chega despois dos continuados problemas no subministro que se sufriron nos últimos meses en diversos puntos da cidade e do concello, e tras a xuntanza mantida entre o alcalde e e representantes de Naturgy para buscar solucións e compensacións ante a situación.