Os máis cativos da cidade tamén poden participar no seu particular “Protour”

18
  • A Federación de Tríatlon propón unha proba de Dúatlon para cativos entre 5 e 10 anos, totalmente gratuíta, con medallas e agasallos para todos os participantes.
  • Será un evento que se celebrará na mañá do sábado, 12 de outubro, previo ao inicio dos eliminatorios do Protour.

Ademais dos 80 mellores triatletas masculinos e femininos do Estado, en Pontevedra tamén terán oportunidade de demostrar a súa forma física os máis cativos da cidade. A Federación Española de Tríatlon (Fetri) porá en marcha este mesmo sábado pola mañá, antes das competicións de elite, unha breve competición para cativos entre 5 e 10 anos na modalidade de Dúatlon (bicicleta e carreira a pe) totalmente de balde, aínda que cunha inscrición previa. Leva por nove TriDiver.

O TriDiver desenvolverase entre a avenida de Bos Aires e a Ponte dos Tirantes. A inscrición e retirada de dorsais será de 12.30 a 13.15 horas nas carpas da secretaría do Campionato de España e do Protour, onde estará o punto de información, os percorridos, transición e meta. Alí entregarase material da competición e obsequios para os participantes.

Ás 12.30 abrirase a entrada á área de transición e até ás 13.25 horas se deixarán as bicicletas.

Ás 13.30 horas comezará a primeira tanda coa categoría Brooks (a mascota máis nova do campionato), para continuar coa categoría Leo (a de máis idade). O TriDiver rematará ás 14.30 horas coa entrega de medallas e a foto de familia. 

COMPARTIR