Medio Natural remata a poda de árbores molestas, enfermas ou en mal estado en Castelao, Blanco Porto, Cruz Gallástegui e Benito Corbal

24
  • O servizo municipal de Parques e Xardíns aproveitou as actuacións para replantar endereitada unha árbore que fora derrubada polo golpe dun camión entre Cruz Gallástegui e Blanco Porto

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, a través do servizo municipal de Parques e Xardíns, ven de rematar a primeira quenda de podas de árbores molestas, enfermas ou en mal estado nas rúas Castelao, Blanco Porto, Cruz Gallástegui e Benito Corbal. Tal e como explica o edil responsable da área, o socialista Iván Puentes, nestes viais “só se cortaron as ramas dos exemplares que tocaban edificios, polo que a actuación rematarase a principios de decembro, cando lles caia a folla”.

Aproveitando esta intervención, Parques e Xardíns tamén desenterrou e volveu a plantar endereitada unha árbore que fora derrubada polo golpe dun camión na confluencia de Cruz Gallástegui con Blanco Porto.

COMPARTIR