O Concello executa a última fase das obras de mellora do núcleo da Peralba, en Marcón

19
  • Xa está rematado o saneamento e trabállase na incorporación dos sobreanchos da vía que será asfaltada na vindeira semana se o tempo acompaña.

A Concellaría do Rural que xestiona Alberto Oubiña, executa nestes días a última fase das obras da Peralba, na parroquia de Marcón, coa pavimentación da rúa. O proxecto de mellora do lugar realizouse en dúas fases: o saneamento e a pavimentación.

O saneamento tivo un custe de 130.936,27 euros  e foi realizado pola empresa Viaqua con cargo ao novo contrato municipal.

Unha vez rematada a instalación do saneamento, nestes días a empresa encargada de executar a pavimentación, E.C.Casas acomete o acondicionamento da vía coa incorporación dos sobreanchos para a posterior pavimentación, que se realizará na vindeira semana se o tempo o permite. A mellora da estrada ten un custe de 163.993,45 euros xa que está previsto o asfaltado de 900 metros, a instalación de 500 metros da canalizacións de pluviais, a instalación de varandas en espazos elevados, colocación de lombos e sinalización viaria.

O investimento total da obra ascende a 294.930,15 euros e dará servizo a 26 vivendas.

Alberto Oubiña, concelleiro do rural.
Obras na Peralba.
Obras na Peralba.