Comeza a instalación do alumbrado de Nadal no centro da cidade

23
  • Os primeiros arcos xa se poden ver na rúa Gutiérrez Mellado.
  • A inauguración será o 5 de decembro cunha festa na Ferraría.

A Concellaría de Festas iniciou esta mañá a colocación do alumbrado de Nadal no centro da cidade. A primeira das rúas que xa ten colgado os arcos de iluminación é Gutiérrez Mellado, e dende ese punto estenderase a todo o centro da cidade e tamén os barrios durante as vindeiras até o día da súa inauguración prevista para o 5 de decembro cunha festa na Ferraría.

Cabe lembrar que a colocación dos arcos e soportes da decoración de Nadal corre a cargo da empresa cordobesa Porgesa, que foi a gañadora do último contrato municipal de iluminación das Festas de Nadal, do Entroido de 2020 así como das festas de verán de 2019 e 2020 cun orzamento global de 200.255 euros.

Os criterios de adxudicación e de licitación foron a aplicación de novas tecnoloxías, o criterio de sustentabilidade así como o criterio estético.

Carme da Silva, concelleira de Festas.
Iluminación de Nadal.
Iluminación de Nadal.