Acto de apertura da Feira “Etiqueta Negra”

8

Este é un país de terra fértil e xente loitadora, no que a creatividade e a innovación enraízan coa mesma forza que as viñas, as legumes ou a horta. Igual que somos un pobo que atesoura todo o sa- ber mariñeiro que nos legaron os nosos 1.498 quilómetros de costa e anos e anos de mareas en ban- cos pesqueiros de medio mundo. Somos tamén un pobo traballador que coida as súas tradicións cu- linarias e as transforma para poñelas á cabeza da gastronomía contemporánea.

Somos, en defintiva, un pobo con capacidade producir e crear a partires da innovación inspiradora. Boa fe dan disto os 110 produtores e produtoras que se xuntan aquí esta fin de semana, e as 86 acti- vidades programadas entre catas, cursos e desmostracións de cociña en directo.

Esta edición de Etiqueta Negra é a edición da consolidación, e non hai mellor indicador de éxito que o afianzamento e o fortalecemeto desta feira. Este ano duplicamos as cifras de participación da primeira edición, e iso só é posible porque a semente que con tanto tino plantamos fai catro anos prendeu en boa terra e vemos agora como agroma con forza e enerxía.

Durante tres días volven confluír neste espazo todos os camiños cos que o sector agroalimentario galego se foi reinventando nos últimos anos. Desde os produtos máis comúns, como os queixos, as conservas, ou os embutidos, ata os tradicionalmente denominados delicatessen, como as gulas, as ostras ou o foie de pato. Mais todos cunha característica común, a de ter sido elaborados baixo os máis altos estándares de excelencia e calidade.

Aquí poderemos coñecer o resultado de aplicacións culinarias de ingredientes que levan anos for- mando parte xa da cociña actual, como as estrugas ou as algas. Poderemos ver novos cultivos, como as plantacións de té, en convivencia con colleitas ancestrais, como por exemplo as da viña e todos os derivados da uva: viños, licores, e vermús.

Tamén é este o espazo no que poderemos comprobar como os camiños da innovación discorren ou- tras veces da man da recuperación de plantas e cultivos que diversifican o noso sector agrario, como no caso das oliveiras ou do lúpulo. Tamén na recuperación de formas e procesos artesanais que dou-

tro xeito se acabarían perdendo, como o caso da fariña e produtos derivados da castaña, ou a elabo- ración artesá de conservas.

Neste escaparate tamén atoparemos innovacións tan sorprendentes como conservas de caracol, marmeladas creativas, produtos de sabugueiro, ou bebidas funcionais naturais. Todo un crisol de propostas que van xerando cada vez máis sinerxías con outros sectores, como o turístico e o cultu- ral, e por suposto, coa gastronomía de autor, na que tamén Galiza é unha potencia e da que podere- mos gozar aquí en directo.

Toda este mostrario fai de Etiqueta Negra unha cita ineludible para as persoas, tanto profesionais como público xeral, que apreciamos as producións galegas de calidade, que sabemos da riqueza do noso sector agroalimentario, baseado en materias primas de excelente calidade, e no talento do capi- tal humano que o conforma.

Etiqueta Negra volve converter Pontevedra, unha vez máis, na capital do país durante tres días. Nesta ocasión, por ser o único evento gastronómico de produto exclusivamente galego refrendado polo éxito de visitantes: máis de 8.000 persoas pasaron por esta feira durante a pasada edición.

Etiqueta Negra é ademais o resultado dunha aposta clara e decidida que o Concello de Pontevedra fixo hai catro anos para cambiar a forma de entender a promoción económica da cidade. Unha apos- ta que pasa por poñer en valor e acoller propostas que falen de desenvolvemento sustentable, neste caso o dun sector estratéxico para o país como é o da agroalimentación. Un desenvolvemento ba- seado no mantemento da capacidade produtiva do noso sector primario, na xeración de emprego directo e indirecto, na apertura de novos nichos de mercado, con proxección de futuro e atento ás novas formas e demandas de consumo.

Remato cun convite, porque a ocasión non pode ser máis propicia: a degustar, explorar e gozar de toda a oferta que nos ofrece este gran abano de produto gourmet galego.

Recinto feiral, 9 de novembro de 2019