4 empresas acoden á visita técnica obrigatoria para ambientar o XXI Salón do Libro, adicado a ‘O humor’

28
  • O contrato ao que optan mediante concurso público terá unha duración de 2 anos – ampliables a 1+1 – e un importe sen IVE de 84.270,00€  
  • Poderán presentar as súas ofertas ata o 20 de novembro ás 23:59h. debendo incluír a documentación requerida nos pregos e material visual ou maqueta do proxecto

Motivado polos cambios na lexislación contractual e coa finalidade de acadar mellores ofertas económicas e participación así como transparencia no proceso, o OO.AA Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra sacou a Licitación Pública a contratación do Servizo de deseño , creación e execución artística dos espazos do Salón do Libro que na súa XXI edición terá lugar entre o 6 e o 27 de marzo de 2020 levando por título ‘O humor’.

Un dos requisistos obrigatorios para a participación era realizar unha visita técnica ás instalacións do Pazo da Cultura que deberán ambientar para o Salón. Así o fixeron esta mañá 4 empresas que, guiadas pola directora xerente do OO.AA Pilar Portela e a coordinadora do Salón Eva Mejuto, percorreron as diferentes estancias do edificio e os almacéns con material doutras edicións dispoñible para ser reutilizado na decoración da vindeira.

O proxecto de ambientación do Salón e a súa execución, no que se valorarán aspectos como – segundo destacou Pilar Portela –  “a relación coa temática, o país convidado (Italia), os autores homenaxeados, o libro e a lectura, a creatividade, os volumes, as posibilidades de interacción da cativada, os deseños inclusivos, seguros e sostibles, etc”. ten como data límite de presentación o 20 de novembro ás 23:59h. e debe incluír a documentación requerida nos pregos (dispoñibles no Perfil do Contratante da web www.pontevedra.gal no apartado de Presidencia do Pazo da Cultura) e material visual ou maqueta do proxecto.

O contrato, por unha contía de 84.270,00€ sen IVE, terá unha vixencia de 2 anos e a posibilidade de ampliación doutros dous anos (1+1).