O Concello informa aos comercios da cidade da recollida selectiva de cartón e papel porta a porta

86
  • Esta acción comeza mañá entre os establecementos de toda a cidade, continuando na liña iniciada fai unhas semanas entre o centro histórico.
  • O concelleiro de xestión dos residuos urbanos, Raimundo González asegura que esta campaña pretende incrementar a reciclaxe, seguindo a liña ascendente dos últimos anos.

A Concellaría de Xestión dos Residuos Urbanos que xestiona Raimundo González Carballo inicia mañá, a partir das 20.00 horas, unha campaña informativa entre os establecementos comerciais da cidade lembrándolles o programa de recollida selectiva de cartón/papel “porta a porta”. Este servizo pretende “incrementar a reciclaxe de papel/cartón, tal e como vén sendo nos últimos anos, nos que se aprecia un aumento entre do 15 e o 20%”, segundo manifestou o concelleiro Raimundo González.

A empresa concesionaria da recollida de lixo, Ferrovial Servizos, entregará un folleto a cada establecemento da cidade informando desta recollida. Trátase dun servizo de balde, que asume o custe o Concello dende o ano 2008, e destinado en exclusiva a todos os locais con actividade económica, especialmente, hostalería e comercio.

A concesionaria é a encargada de recoller os restos de papel e cartón diante da porta de cada establecemento, de luns a venres, en horario de 20.00 a 22.00 horas, a última hora da tarde e coincidindo co peche dos establecementos.

O concelleiro Raimundo González lembrou que esta campaña informativa se realizou recentemente no centro histórico e agora se estende ao resto da cidade, “a practicamente todas aquelas rúas onde hai actividade comercial”. Ademais desta ruta, se algún establecemento se atopa fóra do circuíto sinalado no folleto informativo, ten a posibilidade de contactar coa empresa concesionaria para incluída dentro do servizo.

Raimundo González confía en que Pontevedra se sitúe entre as cidades e capitais á cabeza da reciclaxe, tal e como demostra a tendencia dos últimos datos. Para acadar estes obxectivos  é fundamental a colaboración do comercio local, e seguir a senda marcada pola estratexia do programa Efecto PO2 que centrará a acción municipal no presente mandato.

Raimundo González Carballo, responsable da Xestión de residuos urbanos.
KG/MES Papel/Cartón

2015 2016 2017 2018 2019
Xaneiro 82.160 84.690 63.560 87.190 92.810
Febreiro 67.260 65.630 62.830 66.720 74.080
Marzo 72.000 74.670 67.680 68.560 71.520
Abril 63.910 66.070 51.080 70.990 85.694
Maio 66.560 63.430 59.910 79.620 116.210
Xuño 68.240 64.730 61.040 76.930 112.825
Xullo 72.690 63.450 68.430 73.360 103.430
Agosto 63.550 63.020 62.350 81.240 129.160
Setembro 83.440 69.930 64.150 66.440
Outubro 81.850 65.330 73.210 85.340
Novembro 74.030 63.920 74.720 80.460
Decembro 88.230 77.740 77.150 83.180
Total 883.920 822.610 786.110 920.030 785.729

Díptico da ruta de recollida selectiva de papel e cartón na cidade.

COMPARTIR