Intervención na estrea do documental ‘A memoria neta’

6

Teatro Principal, 25 de novembro de 2019

O traballo que levamos feito a prol da Memoria Histórica en Pontevedra nos últimos anos, enriqué- cese a partires de hoxe con este documento audiovisual que estreamos, e co que percorremos un camiño que conecta o acontecido en 1936 co noso presente, nas voces das persoas que viviron, e padeceron, a represión por transmisión familiar.

Un ano máis, volvemos xuntarnos para conmemorar a dignidade colectiva e a loita a prol da demo- cracia e das libertades, ao tempo que volvemos reivindicar a necesidade de perseverar contra o es- quecemento, a represión e o expolio.

Fai dúas semanas, cumpríronse 83 anos do asasinato de dez pontevedreses na Caeira, e a súa memo- ria simboliza a todas as vítimas do terror franquista, así como as súas familias. Por iso queremos aproveitar este acto para nomealos, porque pronunciar os seus nomes e apelidos, en voz alta e en público, é unha das maneiras de manter accesa a súa memoria.

Lembramos os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana, os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá, e Benigno Rey Pavón, o editor Ra- miro Paz Carvajal, o avogado José Adrio Barreiro, ao xornalista Víctor Casas Rey, e o capitán Juan Rico González.

No seu nome temos que volver lembrar que ás vítimas do franquismo lles foi negada a propia con- dición de vítimas, posto que nunca se instruíu un proceso penal contra os criminais franquistas. Os crimes cometidos durante a guerra e durante a ditadura non foron recoñecidos como tales a nivel xurídico e a posterior democracia foi construída sobre unha amnistía que en realidade significou a impunidade dos criminais e a negación do padecemento das vítimas e das súas familias.

Unha impunidade e un silenciamento que, lonxe de ser derogados e revertido desde os gobernos con competencias para facelo, de tanto manterse no tempo acabou favorecendo o envalentonamento dos reaccionaios e herdeiros da ditadura, que pugnan por seguir impoñendo e lexitimando o seu ideario de odio, represión e expolio.

Da tibieza e da ambigüidade, das políticas de medias tintas en cuestións de Memoria Histórica, agroma de novo o fascismo, e temos que ver como se vén abrindo camiño co seu credo de terror, de recorte de liberdades fundamentais, e de negación de dereitos acadados con gran esforzo colectivo.

Mais desde as Administracións que cremos na xustiza, na verdade e na reparación, como é o caso do Concello de Pontevedra, non deixaremos nunca de dar a batalla ata que o esquecemento e a im- punidade queden revertidos.

‘A memoria da neta’ non é só un documental sobre a transmisión da represión, é a acta que recolle e saca á luz a unha parte moi importante da nosa historia como pobo, que ata o de agora estaba re- cluída no contexto familiar e que merece ser escoitada e coñecida. Este documental é tamén a de- nuncia do abuso e das tropelías que a represión foi sementado máis aló das vítimas, a mostra de como a inxustiza e a violencia funcionou como unha infección que se foi extendendo na sociedade dun tempo e e foi afectando ás sucesivas xeracións ata hoxe.

Eu remato dándolle os parabéns a todas as persoas que colaboraron para que este documental fose posible, dándolle as grazas a todas as testemuñas por legarnos a súa historia familiar e a súa expe- riencia persoal, por facela pública e compartila, porque este legado axudará a enriquecernos como sociedade. Este documental contribuirá a manter vivo o exemplo de digninade e humanidade que as vítimas nos transmitiron e a lembrarnos que a súa loita está agora nas nosas mans.

Moitas grazas