Zafarrancho de limpeza na contorna da Peregrina

3

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza. Nesta ocasión será na contorna da Igrexa Peregrina.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

COMPARTIR