O Concello encarga o proxecto de reforma da praza de Barcelos

104
  • O alcalde anunciouno esta mañá na súa visita á rúa Rouco porque “aínda que os tráficos peonís están mellorados, agora hai que darlle unha volta ás cousas que están pendentes”.

O Concello de Pontevedra xa ten encargado o proxecto de reforma da praza da Barcelos tal e como anunciou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na visita que realizou á remodelación da rúa do Rouco, un proxecto elaborado pola construtora E.C.Casas por un valor de 167.593,16 euros.

Na súa visita, o alcalde explicou que a praza de Barcelos viuse mellorada substancialmente nos últimos anos no que atinxe aos tráficos peonís, pero chegou o momento de atender aos asuntos que están pendentes, como é o paso para o tráfico de vehículos. Manifestou que o Concello xa ten encargado este proxecto que permitirá reordenar os estacionamentos ou mellorar o firme da praza, unha actuación que se complementará con outras actuacións vinculadas á praza.

O alcalde relatou que está previsto pintar novos espazos de xogo diante do colexio a petición da Anpa, e tamén está pendente o traslado do transformador de Fenosa para o que xa existe a obra civil fóra do recinto escolar. 

O Rouco

Sobre a rúa do Rouco, o alcalde amosouse especialmente “satisfeito” sobre todo, porque os máis cativos entran polo lateral do colexio onde se ampliou a beirarrúa a 5 metros garantindo a súa seguridade.

A reforma da rúa do Rouco foi executada pola empresa E.C.Casas por un orzamento de 167.593,16 euros e conta cun prazo de execución de catro meses. 

O proxecto contemplaba a reordenación da rúa, redistribuíndo os espazos urbanos no ámbito do centro escolar. Mantívose unha liña de estacionamento en formigón na marxe dereita para servizos e para colocar os colectores de lixo. No lateral esquerdo (no do colexio) a beirarrúa incrementouse até os 5 metros.

A calzada foi repavimentada logo da renovación das redes de pluviais e de sumidoiros. Tamén se instalou novo mobiliario urbano (5 papeleiras, 7 bancos, e 10 aparcabicis), e a mellora da iluminación. 

Saúdos  ;-))