A piques de rematar a mellora de Vilafranca a Lusquiños, en Tomeza, por case 90.000 euros

20

O Concello de Pontevedra está a piques de rematar a mellora da concexión viaria dos lugares de Vilafranca a Lusquiños, na parroquia de Tomeza cun investimento de 89.857,04 euros.

As obras eran moi demandadas pola veciñanza xa que une dous dos lugares máis poboados da parroquia. Os traballos consistiron en facer drenaxes para evitar empozamentos, asfaltáronse sobreanchos e ampliacións nas zonas nas que foi posible, pavimentación da vía, recolocación das tapas de saneamento, instalación de barreiras de seguridade para os vehículos e colocación e pintado das sinalizacións horizontal e vertical.

Esta obra foi unha das priorizadas polos representantes do Consello parroquial e realízase en convenio coa Xunta de Galicia.