O Concello amplía a oferta de emprego público para o 2020

307

A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno vén de aprobar unha ampliación da oferta de emprego público para o ano 2020, que se suma á que neste momento está en curso e que corresponde ao 2019.  Gulías explicou que esta ampliación se aproba “dada a situación do Concello, polo volume de traballo existente, e encadrada no mesmo marco de loitar contra a temporalidade”. permitirá avanzar “nunha Administración flexible e na vangarda para seguir traballando para asumir os retos deste mandato”

As prazas que se ofertarán serán as seguintes: 

– 6 prazas de Administrativo, das cales 3 corresponden a promoción interna, e 3 por quenda libre. Das 3 de quenda libre, unha delas será reservada para persoas con diversidade funcional.

– 7 prazas de Auxiliar adminsitrativo, todas de quenda libre e unha delas reservada para persoas con diversidade funcional.

– 1 praza de Traballadora Social: esta praza fora creada en 2018 e ocupada por unha funcionaria interina. A inclusión desta praza na oferta de emprego de 2020 ten como finalidade que pase a ser ocupada por un ou unha funcionaria de carreira.

A esta convocatoria prevista para 2020, hai que engadirlle as 16 prazas convocadas en 2019 e que actualmente están en curso:

– 12 prazas de policía

– 2 prazas de bombeiros

– 1 praza de técnico de Administración xeral

– 1 praza de subalterno do Pazo da Cultura