Os patrocinadores do Pazo manteñen o seu compromiso coa cultura

61

En presenza do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores a concelleira de Cultura e presidenta do OO.AA, Carme Fouces e as empresas Viaqua (Julio Maside) e Froiz (José Manuel Álvarez Gil) asinaron hoxe o convenio anual de patrocionio do Pazo da Cultura, unha colaboración que manteñen dende hai case 20 anos e que amosa o seu compromiso coa cidade tamén no eido da cultura.

A achega suman 15.000 euros, dos que Viaqua achega 6.000 euros e Froiz, 6.000. Os 3.000 restantes son dun terceiro patrocinador que quere manter o anonimato pero tal e como apuntaron o Alcalde e a concelleira, “o importante no é tanto a cantidade como a súa sensibilidade e compromiso coa cidade e o seu tecido cultural. É unha sorte contar con empresas implicadas, unha delas, Froiz, importante na cidade e a comarca e outra, que co seun traballo no ciclo da auga (Viaqua) contribúe á loita de Pontevedra contra o cambio clímatico gratas ao saneamento (tamén o do rural que estará rematado en 3-4 anos), o aforro enerxético, etc”.