O alcalde recibe ao equipo de mazas das Triscas, campionas galegas cadete

124

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao equipo de mazas cadete do Club As Triscas que veñen de gañar o Campionato galego de ximnasia na modalidade de mazas. Esta vitoria permitiulles participar no Campionato de España.

Ademais, Marta, Carla, Paula, Lidia e Paula levan adestrando xa na modalidade de cinta dende o pasado ano e competirán a partir do vindeiro mes de febreiro.

O alcalde destacou o esforzo, dedicación e entrega destas mozas que pasaron da base a elite en poucos meses e supoñen un orgullo para a cidade. Animounas a seguir traballando na mesma dirección, xa que de seguro, acompañarán os resultados.