Rematada a reparación da rotura da tubaxe de auga potábel na rúa Peregrina

2
  • A concesionaria saneará o luns o subsolo e reporá as lousas da beirarrúa

A empresa concesionaria do servizo de auga de Pontevedra, Viaqua rematou esta mañá os traballos de reparación da rotura da tubaxe de auga potábel rexistrada na rúa Peregrina. Dende onte pola mañá repúxose substituíndo a de fibrocemento por unha de fundición.

Na intervención tamén foi preciso substituir parte da canalización de augas fecais que se viu afectada pola rotura.

Unha vez feita a reparación, a empresa pechou provisionalmente o espazo con formigón para que a rúa quedase a nivel durante a fin de semana. O luns volverá a abrir no lateral dos establecementos comerciais para sanear o subsolo que se viu afectado pola presión da auga así como para repor as lousas da beirarrúa.

COMPARTIR