Os zafarranchos de limpeza do primeiro trimestre do ano trasládanse aos barrios da Parda, Valdecorvos, A Seca e Mollavao

36
  • Comezan mañá mesmo cunha limpeza xeral na rúa das Fragas, situada no barrio de Valdecorvos.

A Concellaría que xestiona a limpeza viaria, departamento que dirixe Raimundo González Carballo, vén de pechar os zafarranchos de limpeza que se desenvolverán en distintos en distintos puntos da cidade, dende este mesmo xoves até o mes de abril. Estas limpezas en profundidade están pensadas como reforzos das habituais para ter o espazo público en boas condicións de uso. 

Actuarase en distintas rúas do barrio de Valdecorvos e da Parda como en Ernesto Caballero, das Fragas, Juan Carlos I, Maruxa Mallo e Abundancia. Tamén se trasladarán ao barrio do Mollavao, actuando en Rosalía de Castro até Benito Vicetto e Fonte Santa, ambas incluídas. Neste primeiro trimestre tamén está incluído a rúa da Seca e a Camiño Vello de Castela, Domingo Fontán ou o Polígono comercial do Vao.

A primeira limpeza: rúa das Fragas

A primeira das limpezas xerais será mañá mesmo na rúa das Fragas. Como vén sendo habitual, a limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello. 

A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. 

COMPARTIR