O Consello da Muller Nova estuda a organización dun congreso sobre igualdade para os centros educativos

68
  • A concelleira de Igualdade, Paloma Castro, presidiu un encontro no que se iniciou o deseño das actividades conmemorativas para o vindeiro 8M e se optimizaron as vías de coordinación cos alumnos

A sala de comisións do Concello de Pontevedra acolleu esta tarde unha reunión do Consello da Muller Nova, no que, entre outras cuestións, analizarónse os resultados da enquisa sobre diversidade sexual e de xénero efectuada pola Concellería de Igualdade nos centros de Ensino Secundario e FP da cidade e a preocupación da comunidade educativa ante os mesmos. Neste sentido, tódolos presentes coincidiron na necesidade de incidir moito máis na educación, información e sensibilización en materia LGTBIQ+ e de igualdade.

Asemade, avanzouse na organización dos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller, no que este ano fomentarase especialmente a participación dos institutos pontevedreses. Segundo explica a concelleira de Igualdade, a socialista Paloma Castro, “constituíuse unha vía de colaboración cos alumnos dos consellos dos centros educativos a través da creación dun grupo whatsapp e dunha páxina de instagram na que cada instituto poderá subir os seus contidos e visibilizar as cousas que se fan nos outros, de xeito que mellore a coordinación”.

Tamén se estudou a posibilidade de organizar un congreso sobre igualdade (no que tamén se tratarán cuestións de diversidade sexual e LGTBIQ+) a principios do vindeiro curso, cunha parte de formación e sensibilización pola mañá e outra máis lúdica, con concertos, nunha quenda de tarde.

COMPARTIR