O Goberno entrega aos grupos políticos municipais o anteproxecto de Orzamentos de 2020

45
  • O incremento dos ingresos en 2,7 millóns de euros se debe ao aumento da contía dos fondos FEDER, das transferencias do Estado e da recadación do IBI resultado das inspeccións municipais e da realizada por Catastro.
  • O Gasto corrente aumenta en 1,6 millóns que incrementarán as partidas do contrato de parques e xardíns, do mantemento dos espazos públicos rurais e urbanos, mellora do servizo de recollida de RSU ou reforzo da administración electrónica.
  • O Orzamento de 2020 sitúa a débeda municipal en 95 euros por habitante. 

O Goberno de Pontevedra entregou esta mañá, nunha comisión extraordinaria de Economía e Facenda, o anteproxecto de Orzamento de 2020 aos grupos políticos da Corporación municipal. Ademais esta Comisión, está previsto para o xoves a reunión coas Federacións de Asociacións de Veciños e a reunión do Consello Económico e Social. Paralelamente tamén se está a xestionar todo o proceso administrativo ao aprobar as contas da Sociedade de Turismo, do Pazo da Cultura, as mesas de negociación sindical que serán mañá mesmo… para poder aprobar os Orzamentos de 2020 na primeira quincena de febreiro, segundo adiantou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo.

O Orzamento de 2020 fixado en 79.336.000 euros, increméntase en 2,7 millóns de euros debido ao aumento de tres capítulos relativos aos ingresos municipais:

  • Incrementan os fondos europeos FEDER que financian a Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible (EDUSI) con respecto ao ano 2019. O incremento é de 736.000 euros situándoos en 843.000 euros.
  • Incrementan as transferencias do Estado que, sen ter a contía definitiva, o Goberno Local rexistra no Orzamento de 2020 a transferencia recibida no ano 2019 que foi de 19.869.000 euros, e supoñen 911.000 euros máis que en 2018.
  • Incrementa o IBI consecuencia das inspeccións fiscais e das revisións do Catastro, cun aumento de 969.000 euros ao respecto de 2019. A contía total rexistrada no Orzamento é de 19.900.000 euros.
  • Outros capítulos máis pequenos son o incremento do ICIO (Imposto de construción) ou das licenzas que supoñen 350.000 euros máis que en 2019.

Está é a situación dos ingresos municipais “tendo conxeladas as taxas e impostos por sexto ano consecutivo, e revisando constantemente os padróns e perseguindo o fraude”, indicou Raimundo González.

Gasto corrente e a débeda municipal

Ao respecto do capítulo de Gasto corrente, o Orzamento de 2020 sitúao en 35.494.000 euros, é dicir, 1.622.000 euros máis que en 2019. Os incrementos van destinados ao contrato de mantemento de parques e xardíns (300.000 euros), mantemento de vías urbanas que pasa de 370.000 euros a 550.000 euros; mantemento de vías rurais que pasa de 370.000 euros a 410.000 euros; adquisición de material eléctrico por máis de 100.000 euros; a mellora do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos con 400.000 euros; melloras na administración electrónica; ou o incremento de 150.000 euros na limpeza dos locais municipais.

Esta situación económica se compaxina coa baixa débeda. Raimundo González explicou que a 31 de decembro de 2019 estaba fixada en 7.955.000 euros, o que supón unha débeda de 95 euros por habitante, mentres que na comunidade autónoma está fixada en 4.300 euros/habitante; e no Estado en 25.457 euros/habitante.

A este respecto a amortización prevista no Orzamento para o ano 2020 é de 750.000 euros, igual cantidade que a petición de crédito que solicitará o Concello. De feito, Raimundo González explicou que “o único capítulo que baixa no Orzamento é o de amortización e pago de intereses” que en 2019 estaba en 1.630.000 euros, redúcese nun 45%.