A concelleira Yoya Blanco anima “a toda a cidade” a volcarse co CB Arxil no seu crucial partido contra a ADBA Avilés

40
  • A edil de Promoción Económica e Turismo, patrocinadora do equipo pontevedrés, recibiu a varias xogadoras na Casa da Luz para transmitirlles “folgos e forza” de cara ao encontro e pedir que os graderíos do CGTD “volvan ateigarse de xente este sábado”

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, recibiu hoxe na Casa da Luz ás xogadoras do CB Arxil para darlles folgos e forza de cara ao crucial encontro que xogarán este sábado ás 19.30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) contra A ADBA de Avilés. Tal e como sinalou a canterana Aldara Vázquez, trátase dun partido trascendental, polo que “é esencial que se volvan a chear os graderíos”. “Para nós é moi importante ver a grada chea cando saímos ao campo -suliña- e escoitar ao público animar. Ese respaldo da cidade tradúcese no xogo. Esperámosvos o sábado a todos alí”.

Pola súa banda, a concelleira Yoya Blanco, patrocinadora do Arxil a través de Visit Pontevedra, animou “a toda a cidade a que se pase polo Estadio da Xuventude a animar ao equipo”. A edil do PSOE fixo fincapé no efecto revulsivo que tivo a asistencia de público no pasado encontro contra o Pozuelo (ao que ela mesma acudiu xunto co concelleiro de Deportes, Tino Fernández): “Empurramos entre todas e todos para que o CB Arxil gañara e non teño ningunha dúbida de que iso é o que volverá acontecer este sábado”.