O Concello inicia as reunións no rural para expoñer o Orzmento de 2020

12
  • Os encontros comezaron este martes e continuarán até o día 22. Os concelleiros Alberto Oubiña e Pilar Comesaña expoñen a relación de investimentos no ámbito rural fronte ao urbano, onde as diferencias superan 92,5% en favor das parroquias.

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana as reunións informativas nos Consellos parroquiais do rural para explicar o proxecto de orzamentos de 2020. Aos encontros asisten os concelleiros delegados do rural: Pilar Comesaña e Alberto Oubiña, que ademais de facer unha explicación das partidas destinadas ao rural, tamén atenden as peticións da veciñanza.

Entre os datos que se trasladan nos encontros está o investimento por habitante sendo de 1.847 euros no caso dos residentes no rural, fronte aos 139 euros na zona urbana. Estes datos inclúen a parte proporcional do novo contrato da auga. De sacalo deste relatorio, as diferenzas serían de 234 euros por habitante no rural fronte aos 132 euros na zona urbana.

As reunións comezaron o pasado martes, pola parroquia de Tomeza, e continuaron onte por Lourizán. Esta tarde está convocado o consello parroquial de Salcedo e rematarase a semana en Santo André de Xeve.

Os encontros continuarán co seguinte calendario:

  • 10 de febreiro: Santa María de Xeve
  • 11 de febreiro: Lérez
  • 13 de febreiro: Campañó
  • 14 de febreiro: Alba
  • 18 de febreiro: Bora
  • 19 de febreiro: Mourente
  • 20 de febreiro: Marcón
  • 21 de febreiro: Verducido
  • 22 de febreiro: Cerponzóns