37 escolares dos colexios de Ponte Sampaio e Crespo Rivas participan mañá no obradoiro Verbateca

    1

    O obradoiro Verbateca que oferta a Concellaría de Normalización Lingüística chega mañá aos colexios de Ponte Sampaio e ao Crespo Rivas, no barrio de Campolongo. No primeiro participarán un grupo de 12 escolares de 6º de EI do CEIP de Ponte Sampaio a partir das 09.30 horas; ás 12.30 horas os monitores achegaranse ao colexio Crespo Rivas, en Campolongo, para impartir o mesmo obradoiro nun grupo de 25 nenos e nenas de 6º de Educación Infantil

    Neste obradoiro haberá diferentes xogos nos que se traballarán aspectos como a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, o achegamento ao vocabulario de diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística. Repasarán palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, obxectos, natureza etc. Os pequenos e pequenas van competir por conseguir palabras en galego, que serán o seu tesouro a través de diversas probas, para deste xeito lograr a súa propia Verbateca, e así ir afacéndose ao vocabulario básico en lingua galega.

    Este obradoiro ten unha duración de 75 minutos, aproximadamente e está impartido por Mekané Didáctica.

    O obxectivo central desta programación é dinamizar o uso da lingua entre a xente nova, especialmente nos usos orais. Para isto ofrécense actividades de temática diversa: obradoiros centrados na reflexión sobre a situación actual da lingua, sobre os usos internacionais, para adquirir e usar vocabulario de uso cotiá ou para aprender xogos e como usar xoguetes en galego.

    COMPARTIR