O Concello expón no Move 2020 de Londres os retos de futuro de Pontevedra

51
  • O concelleiro Alberto Oubiña participou esta tarde nunha das feiras de mobilidade máis grandes do mundo que este ano abordaba a “Mobilidade Re-Imaxinada”.

O Concello de Pontevedra participou esta tarde na xornada Move 2020 “Mobilidade Re-Imaxinada” celebrada en Londres, unha das maiores feiras de mobilidade celebradas no mundo que pretende promover o análise e a reflexión sobre a necesidade de impulsar cambios e innovar en materias como o tráfico, a mobilidade, as infraestruturas ou a enerxía a nivel global.

O concelleiro Alberto Oubiña foi o encargado de representar a Pontevedra neste foro cunha ponencia en inglés que levaba por título “Cidades máis limpas, menos tráfico: probando a peonalización de Pontevedra” na que abordou o modelo de cidade e expuso os retos de futuro do concello: o transporte a demanda, a compostaxe e a xestión responsable do medio ambiente. Trasladou ao nutrido público asistente este Efecto PO2 e a influencia que está a ter no resto do mundo.

Aínda que nas intervencións do Move 2020 non están previstas preguntas aos conferenciantes, o concelleiro atendeu ao remate da súa intervención a varias persoas interesadas en Pontevedra e nos seus logros, así como en visitar a cidade para coñecer de primeira man o exposto na intervención.