Os prolegómenos do Entroido chegan da man das Madamas e Galáns de Vilaboa

    2

    A conta atrás para gozar do entroido pontevedrés comeza mañá mesmo co pasarrúas de Madamas e Galáns de Cobres (Vilaboa) polas rúas e prazas da cidade. Está previsto para mañá ás 18.00 horas con saída dende a praza da Ferraría.

    Este é o aperitivo do que serán as grandes citas do Entroido que comezará o venres, 21 de febreiro coa chegada de Urco, rei do Entroido pontevedrés, e a lectura do pregón a cargo da Asociación Recriativa de Xeve.

    COMPARTIR