Visita ao renovado núcleo da Peralba en Marcón

159
  • O alcalde e o concelleiro do rural, Alberto Oubiña tiveron un encontro con veciños e veciñas para comprobar o resultado da obra que consistiu na instalación de saneamento, pavimentación, canalización de pluvias, e incorporacións de sobreanchos e medidas de seguridade viaria.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o coordinador do rural e concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Alberto Oubiña visitaron esta tarde o núcleo da Peralba, para comprobar o resultado da reforma da vía principal e para manter un encontro cos veciños que foron os principais interesados en que o alcalde se achegase a ver o resultado dos traballos.

Na Peralba, o Concello de Pontevedra realizou dous proxectos cun investimento global de 294.930,15 euros para dar servizo a 26 vivendas.

O primeiro proxecto consistiu na instalación da rede de saneamento por un custe de 130.936,27 euros. Este proxecto foi dos primeiros financiados co novo contrato da municipal auga con cargo á empresa concesionaria, Viaqua.

A continuación realizouse a pavimentación de toda a vía cun custe de 163.993,45 euros. Os traballos consistiron na incorporación de sobreanchos en distintos puntos e o posterior asfaltado de 900 metros, así como a instalación de 500 metros de canalizacións de pluviais, de varandas en espazos elevados, colocación de lombos e sinalización viaria.