Medio Natural acomete traballos para acondicionar o firme do vial que discorre entre o Pazo Provincial e os parques infantís das Palmeiras

30
  • A Concellería que dirixe Iván Puentes investiu 4.800 euros nesta actuación, que está a permitir a eliminación dos baches e fochancas que envadían esta zona dos Xardíns de Vincenti

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe o socialista Iván Puentes, está a acometer unha actuación destinada a acondicionar o estado do firme no vial que discorre entre a parte traseira do Pazo Provincial e os parques infantís das Palmeiras (rúa Xardíns de Vincenti). Os traballos están a ser realizados con carácter urxente, xa que o pavimento se atopa en moi malas condicións polo castigo dos últimos temporais de choiva e vento.

Segundo explica Iván Puentes, o Servizo Municipal de Parques e Xardíns, coordinado por Manuel Fontán, fixo “un investimento de 4.800 euros para eliminar a enorme cantidade de baches e fochancas que se teñen formado”. A intervención consistirá na cobertura do firme con pavimento terrizo igual ao xa existente e con xabre compactado.

“Trátase dunhas obras de urxencia, pero maís adiante imos facer un proxecto que incluirá a mellora do sistema de canalización de pluviais do Parque das Palmeiras”, avanza Puentes.