Unha plataforma de 10 metros permitirá ás persoas con mobilidade reducida gozar do Desfile do entroido

32

A Concellaría de Festas conta as horas para o inicio do principal Entroido urbano de Galicia que arrancará o venres coa chegada do Rei Urco á cidade. Mentres, segue ultimando a programación para que todos os veciños e veciñas de Pontevedra poidan gozar dos actos durante os vindeiros dez días.

Neste marco, a Concellaría de Festas instalará o sábado unha plataforma de 10 metros na fachada da Casa Consistorial destinada ás persoas con mobilidade reducida de tal xeito que poidan gozar do desfile do entroido ao igual que o resto de participantes.

Ademais, a Concellaría xa dispón dende primeiros da semana da programación do entroido, que se pode recoller nos puntos habituais: Concello, edificio municipal de Churruchaos e Casa da Luz.