A III Festa do Viño Novo oferta dende hoxe máis de 300 botellas de tinto de Cambados en 15 establecementos de hostalería de Pontevedra, Santiago e Vigo

50
  • O evento, impulsado por un grupo de hostaleiros e comerciantes de Pontevedra grazas á colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo, pretende poñer en valor a cultura do viño

A III edición da Festa do Viño Novo oferta dende hoxe aos amantes da enoloxía 305 botellas de tinto de Cambados a todos aqueles que se acheguen ata os 15 establecementos implicados na súa organización. O evento, impulsado por un grupo de hostaleiros e comerciantes pontevedreses en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo, pretende poñer en valor a cultura do viño e achegala a mozos e non tan mozos.

O viño que se vai distribuír nesta Festa do Viño Novo 2019 foi elaborado polo xoven enólogo Xurxo Alba, da bodega Albamar, cun 50% de Caíño e un 50% de Mencía. Trala súa fermentación, criouse durante catro meses en barricas de carballo francés usadas e, despois do embotellado, deixouse repousar durante tres semanas. 

Segundo sinala a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, “trátase dun tinto fresco, de baixa gradación alcohólica e fluído, ideal para compartir e para desfrutar coa nosa gastronomía, que estará dispoñible dende hoxe e ata esgotar existencias nos locais colaboradores”. “Como novidade, este ano sumáronse á iniciativa establecementos de Santiago de Compostela e de Vigo, onde tamén será posible gozar do Viño Novo”, apunta a edil do PSOE.

O evento chega á súa terceira colleita despois de poñerse en marcha en 2017 cun Mencía de Roberto Regal (Ribeira Sacra), viaxar ata La Rioja en 2018 para traer un Viño Novo Migrante e regresar a casa cun tinto da zona de Cambados. Tal e como suliña Yoya Blanco, esta iniciativa busca “fomentar o consumo do viño, como produto cultural, tradicional e, consumido con moderación, moi saudable”.

Os locais participantes nesta Festa do Viño Novo 2019 son os seguintes:

1. Envero (rúa Laranxo, 21 / rúa García Flórez, 16).

2. Juncal Alimentación (rúa Peregrina, 9).

3. Tabula Rasa (rúa Marquesa, 4).

4. Casa Verdún (rúa Real, 46).

5. O’Salnés (rúa da Ponte, 9).

6. Viñoteca Bagos (rúa Michelena, 20).

7. Loaira Xantar (Praza da Leña, 2).

8. O Souto Bar Restaurante (rúa do Barón, 15)

9. Hama Bar (Praza Marqués de Aranda, 5).

10. La Quesera (rúa Manuel Quiroga, 18).

11. A Viñoteca do Mercado (rúa Serra, Mercado De Abastos, 1º andar).

12. Quesería Marqués de Valladares (rúa Marqués de Valladares, 21, Vigo).

13. A Viñoteca do Mercado (rúa das Ameas s/n, Mercado de Abastos de Santiago de Compostela).

14. Comovino (rúa do Vilar, 47, Santiago de Compostela).

15. Viños Vivos (Tránsito da Mercé, 4, Santiago de Compostela).