As Matinés do Principal regresan a Pontevedra con Manel, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Ele.

35
  • Todos os espectáculos serán ás 12:30 horas no Principal e Manel será o encargado de inaugurar o ciclo 25 de abril.
  • As entradas e os abonos, todos eles con desconto do 50% para menores de 14 anos, están xa a venda en Ataquilla.com e o despacho de billetes da Casa da Luz.

‘As Matinés do Principal, música ao vivo para todos os públicos e en horario matutino, regresa por cuarta vez ao Teatro Principal de Pontevedra. Un novo xeito de vivir a música ao vivo e o lecer en Pontevedra e de ofertar novas posibilidades de calidade a un público familiar. Unha calidade que queda patente na escolma do programa deste ano: Manel, abrirá este ciclo o sábado 25 de abril cun espectáculo moi especial para presentar o seu quinto traballo, ‘Per la bona gent’. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre encherán o escenario na segunda sesión das Matinés que terá lugar o 9 de maio, e é probable que a rematemos bailando ao redor das nosas butacas, e o peche do ciclo corresponderá coa maxia e a emoción de Ele, que actuará o 17 de outubro.

“Este ciclo conta cunha programación importante, para que as familias poidan entrar sin que sexa sempre unha programación infantil, por isto está tendo moi boa acollida tamén para a xente que prefire o ocio diúrno porque ao chegar a noite xa están desactivados”, salientou a Concelleira de Cultura, Carme Fouces, acompañada por Carlos Montilla de I-radia Crea (produtora encargada de coordinar o ciclo), quen agradeceu a aposta por este tipo de popostas novedades e por darlle continuidade a un ciclo cunha programación diurna. “Arriscar e propoñer un ciclo que facía falta cunha programación musical, un ano máis, de primeiro nivel. O balance das tres edicións anteriores foi moi exitoso, favorecendo ao público de fóra para que o público poida asistir a un concerto matutino e pasar o día na cidade de Pontevedra”.


O prezo das entradaspara cada un dos concertos oscila entre os 16 e os 20 euros, tendo descontos do 50% nas entradas do público menor de 14 anos, e existe a posibilidade de adquirir un abono para as tres actuacións do ciclo a un prezo de 45 euros. Xa á venda en Ataquilla.com e a Casa da Luz.

COMPARTIR