Recepción a Mariña García, subcampiona alevín de tenis de mesa

27

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu esta mañá a Mariña García Trelles, do Club de tenis de mesa Monte Porreiro, como recoñecemento ao traballo do Club e ao éxito máis recente desta xogadora de 12 anos que vén de proclamarse subcampiona alevín a nivel estatal.

A pontevedresa acadou este triunfo tras pasar unha “repesca” en Madrid que lle permitiu situarse entre as 48 mellores a nivel estatal e xogar o torneo da pasada fin de semana en Valladolid, no que se proclamou subcampiona. “Esta repesca abriulle un camiño de crecemento que a motivou a loitar” asegurou o entrenador do club, Nando Álvarez, quen manifestou a súa esperanza de “que estes resultados sexan un estímulo para as compañeiras”.

O alcalde tamén tivo palabras de ánimo e recoñecemento para o conxunto do Club Monte Porreiro ao que cualificou como “un equipo en expansión, que está tendo uns resultados moi bos e queremos resaltar publicamente a súa traxectoria e o traballo que están desenvolvendo”.

COMPARTIR