Axudas na ARI dos Camiños de Santiago

329

AXUDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL (ARI) DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO E DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se establecen as Bases reguladoras (DOG núm. 124 do 02/07/2019). Ver
Estracto resolución do 6 de febreiro de 2020. Convocatoria 2020. Ver

Prazo para solicitar a cualif. provisional (VI408H): 27/02/20 ata 31/10/20
Prazo para solicitar a cualif. provisional (VI408F): 03/07/19 ata 31/12/21

PERSOAS SOLICITANTES

As solicitudes deberán dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio.

1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán solicitar a cualificación provisional:
a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
b) As agrupacións de persoas propietarias.
c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán solicitar a cualificación provisional:
– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
– As administracións públicas con competencias neste ámbito.

Mais información
Convocatoria 2020

COMPARTIR