Recepción a Lydia Pérez e Pablo García, a representación pontevedresa na Loita das Olimpiadas de Tokio

20

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández recibiron esta mañá aos loitadores Lydia Pérez e Pablo García, ambos do Club de Loita de Pontevedra, bolseiros do CGTD e convocados pola Selección española absoluta do 1 ao 11 de marzo en Budapest para preparar os torneos de clasificación olímpica de Tokio.

Lydia Pérez ten previsto participar no primeiro torneo de clasificación olímpica (continental) que se disputará do 19 a 22 de marzo en Budapest. Ademais, ámbolos dous deportistas teñen previsto participar do 20 de abrir ao 3 de maio no segundo e último torneo de clasificación olímpica que se disputará en Sofía (Bulgaria).

O alcalde e o concelleiro de Deportes desexáronlles os maiores éxitos nas vindeiras citas deportivas de cara á clasificación para os vindeiros xogos do mundo.

COMPARTIR