Pontevedra, finalista do primeiro Premio de seguridade viaria urbana da Unión Europea

58
  • Forma parte dunha terna xunto ás localidades de Orzu (Turquía) e Jaworzno (Polonia). O gañador coñecerase nun acto que se celebrará o vindeiro 30 de marzo en Bruxelas.
  • O alcalde Fernández Lores asegura que “é un orgullo” formar parte dos finalistas e considera un “éxito” esta escolla, independentemente do resultado final.

A Comisión Europea acaba de comunicar que o Concello de Pontevedra é finalista, xunto a outras dúas cidades europeas do primeiro Premio de seguridade viaria urbana que concede a Unión Europea, no marco da Semana Europea de Mobilidade Sostible. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, confirmou esta mañá que estará presente no acto de entrega do premio que será o vindeiro 30 de marzo en Bruxelas.

Pontevedra quedou finalista xunto á cidade turca de Ordu e a polaca de Jaworzno. A este primeiro premio tíñanse presentado outras 26 cidades de toda Europa entre as que se atopan 10 españolas.

O alcalde destacou que este premio se enmarca dentro da preocupación mundial sobre a siniestralidade nas vías urbanas “que non descende”. E neste marco, a escolla de Pontevedra débese á redución efectiva e sostida do número de mortes e lesións nas vías urbanas, pola súa clara estratexia de monitoreo e o enfoque da mobilidade activa como camiñar ou andar en bici.

“Para nós é un orgullo poder asistir a Bruxelas este día 30”, explicaba o alcalde que engadía que “independentemente de ter o premio final ou non, o mero feito de estar elexido xa é un éxito. Queremos agrader a todos os que fixeron posible que sexamos unha referencia: a todos os funcionarios municipais e aos cidadáns en xeral porque sen a colaboración decidida do movemento máis dinámico e da poboación en xeral, nos sería imposible ter acadado estes éxitos”.

O proxecto de Pontevedra lembra que se partía dunha situación moi complexa no ano 1999 cunha grande afluencia de vehículos diarios á cidade, e se puxo en marcha un cambio de paradigma co propósito de mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade, recuperar o espazo público e buscar unha drástica reducción do tráfico na cidade.

Segundo as estatísticas que achegou Pontevedra ao premio, de 1994 a 1999 en Pontevedra se rexistraron 25 mortos en vías urbanas; de 2000 a 2005 foron 11; de 2006 a 2011 foron 5; e de 2011 á actualidade non hai ningún morto.

Ao respecto dos feridos graves, en 1999 foron 69 e en 2018 foron 14.

Enlace da páxina web do premio:

https://mobilityweek.eu/urban-road-safety-award/