A fase final das obras da Ponte do Burgo obrigan a pechar a avenida da Coruña para asfaltar Domingo Fontán

136

O Concello de Pontevedra inicia na vindeira semana os últimos traballos da obra civil na Ponte do Burgo. Consistirán no asfaltado dos tramos nos que se traballan neste momento: Domingo Fontán e avenida da Coruña.

O asfaltado farase dende o martes, 10 de marzo, ao venres, 15 de marzo. O plan de tráfico proposto pola Policía non afecta ao treito de Domingo Fontán que continuará funcionando como até o de agora, e si afectará ao tráfico no barrio do Burgo.

Dende o cruzamento da avenida da Coruña con Luis Otero, restrinxirase o tránsito para veciños e servizos, que non poderán chegar até Domingo Fontán e terán que saír cara a rúa Santiña.

E os vehículos que se acheguen até Pasarón serán desviados pola rúa Luís Otero que cambiará o sentido da circulación en dirección avenida de Compostela.

Toda a zona disporá da sinalización adecuada para informar aos condutores, e tamén serán colocados carteis no barrio para informar aos veciños e veciñas.