Pontevedra preside a Asemblea xeral das Cidades que camiñan integradas por 46 concellos do Estado

12
  • O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores participou esta tarde en Cádiz neste encontro, ao ter Pontevedra a presidencia desta entidade que aspira a ser considerada Asociación de utilidade pública.

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores presidiu esta tarde a Asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan, celebrada no Pazo de Congresos de Cádiz, onde está convocado mañá e o sábado, o Congreso anual das Cidades que Camiñan, entidade que preside Pontevedra.

Na xornada vespertina participaron representantes das cidades integradas na asociación, 46 localidades de todo o Estado español. Fíxose un repaso ao traballo realizado durante o pasado ano, así como a aprobación das contas da pasada anualidade e previsión dos orzamentos de 2020.

Ademais, tamén se aprobou a solicitude para declarar a Rede de cidades que camiñan como Asociación de utilidade pública

O presidente fixo un chamamento a seguir avanzando nas accións urbanas en favor de camiñar e mostrouse convencido de que a Rede ten que ser un interlocutor cada vez más útil e potente ante os ministerios relacionados coa xestión sustentable e a mellora da calidade urbana. “Non só a DXT debe ser o noso interlocutor, senón tamén outros organismos centrais como o ministerio de Transición Enerxética ou o de Sanidade, por citar só algúns que teñen relación con este movemento pola transformación das cidades”, afirmou.

Na asamblea xeral, a secretaria técnica, Ana Montalbán, realizou un exhaustivo repaso polo último ano da rede, constatando un aumento de cidades que se fixeron membros ou están en período de incorporarse, de tal xeito que a rede representa xa a máis de 5 millóns de cidadáns urbanos do estado español. 

COMPARTIR