Nova Oferta de emprego público para cubrir 20 prazas de distintas categorías

102
  • Está previsto para antes do verán unha convocatoria de 8 postos de oposición libre; 9 de promoción interna; e 3 de provisión de interinidade.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a nova oferta de emprego público que poderá estar en marcha a principios de verán. Son 20 prazas de distintos postos de traballo e de distinta promoción das que hoxe se aprobaron as bases da convocatoria. En breve se publiciará o anuncio das prazas así como a convocatoria dos procesos.

No procedemento de funcionario de carreira (oposición libre), faise unha convocatoria de 3 administrativos e 2 auxiliares administrativos (reservando unha praza para diversidade funcional en cada unha deles), 1 praza de traballador social e dúas prazas de bombeiros.

No procedemento de promoción interna, convocaranse tres prazas de administrativos, 5 prazas de auxiliares administrativos e 1 praza de técnico medio da administración xeral.

E tamén se aprobaron as bases reguladores para provisión interina de tres plazas: unha de técnico medio de Medio Ambiente Natural; unha de enxeñeiro de Camiños; e unha de xestor de contidos para a administración electrónica.

COMPARTIR