A Tempada de Teatro regresa ao Pazo con 6 espectáculos de teatro e danza

29
  • “Celebraré mi muerte”, dirixida po Alberto San Juan e Víctor Morilla, abre o ciclo o vindeiro 29 de marzo ás 21:00h.  sacando á palestra o tema da eutanasia
  • As entradas están xa á venda en Ataquilla.com e por primeira vez con opción de abono á carta a partir de 4 espectáculos nos que se poden incluír os concertos de The Jayhawks e Guadi Galego

Esta mañá a concelleira de Cultura Carme Fouces presentou unha nova edición da Tempada de Teatro que chegará ao Pazo da Cutura o domingo 29 de marzo ás 21h. con “Celebraré mi muerte”. A escolla está composta por 4 espectáculos (3 de teatro e 1 de danza) contratados a través do programa INAEM Platea – que fomenta que compañías locais xiren a nivel estatal – e dous espectáculos galegos (ambos con dobre pase) que repiten na cidade pola demanda do público: “Unha noite na praia” de Javier Veiga e “Fariña”, dirixido por Tito Asorey e baseado na novela de Nacho Carretero.

Como novidade e por primeira vez, será posible elaborar un abono personalizado escollendo como mínimo 4 espectáculos o como máximo 8 entre os que se pode seleccionar tamén os musicais de The Jayhawks e Guadi Galego. O prezo mínimo será de 45€ e o máximo de 112€.  Tanto abonos como entradas soltas (con prezo reducido para Carné Xove, parados e xubilados) están xa á venda en Ataquilla.com e Casa da Luz e de non esgotarse, dúas horas antes do inicio de cada función.

Celebraré mi muerte – 29 marzo 21h.

De madrugada chega unha paciente maior ao servizo de urxencias do hospital onde traballaba. Sometida a dores moi fortes, a paciente e a súa filla rogan ao doutor que acabe definitivamente con ese sufrimento. É entón cando o doutor, saltándose todo protocolo médico, inxecta á paciente 50 mg de cloruro de potasio que acabará definitivamente coa súa vida.

O Dr. Hourmann é un médico, ao que lle cambia a vida para sempre despois de ser declarado culpable de homicidio. Trátase dunha posta en escena onde se pon sobre a mesa o debate profundo que a día de hoxe existe sobre a eutanasia.

Que lle fixo actuar así aquela noite? Unha persoa pode decidir cando e como morrer? Que fariamos nós ante a chegada irreversible da morte?

Entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€ reducido a 15e para carné xove, parados e xubilados.

Ana. También a anosotros nos llevará el olvido – 17 abril 21h.

Ana é unha ama de casa convencional da España dos anos 60 casada con Lope, que acaba de conseguir un posto no ministerio. Os días de Ana transcorren entre as tarefas do fogar, a atención ao seu marido e as visitas ao salón de peiteado de Satur, conselleira e amiga.A vida de Ana dará un xiro o día que coñeza a Vivián, fotógrafa francesa de espírito libre, que lle fará ver que a súa vida non é nin de lonxe o que no fondo ansía.

 Director: Mario Vega. Reparto: Marta Vieira, Rubén Darío, María de Vigo e Ruth Sánchez. Autora: Irma Correa

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 20€ reducido a 15€ para carné xove, parados e xubilados.

Copenhague – 16 maio 21h.

Copenhague é un exemplo de teatro “de palabra” e “de reflexión”, sendo unha das pezas máis premiadas nos últimos anos. Narra o encontro que tivo lugar en 1941 na capital de Dinamarca, ocupada polas tropas nazis, entre o gran científico danés Niels Bohr e o seu ex-alumno Werner Heisenberg, representante dos estamentos nazis, inimigos pola situación dos dous países na Segunda Guerra Mundial.

A obra mostra o problema ético do uso dos avances en física teórica para o desenvolvemento de armamento nuclear, ademais de mostrar un enfoque humanista sobre a relación existente entre o estudante e o profesor.

Director: Claudio Tolcachir. Reparto: Emilio Gutiérrez Caba, Carlos Hipólito e Malena Gutiérrez. Autor: Michael Frayn

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 20€ reducido a 15€ para carné xove, parados e xubilados.

Unha noite na praia – 19 e 20 de  xuño 21h

Unha noite na praia é un cruzamento de camiños de area no que se xunta unha parella improbable; dous imáns opostos, auga e aceite, a fame coas ganas de comer… Klaus e Manuel comezan a falar, e comparten anécdotas e recordos. Pero pouco a pouco van saíndo tamén os medos, os soños e as inseguridades… E finalmente son segredos e confesións, que se cadra sería mellor non ter confesado.

Segundo avanza a noite, ímonos decatando de que en esta praia non todo é o que aparenta ser. E polo menos un dos dous non é quen pretendía ser. E se cadra este encontro casual, non foi tan casual como parecía ser. 

Director: Javier Veiga. Reparto: Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco. Autor: Javier Veiga

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo único de 13€. 

No sin mis huesos (danza) – 3 outubro 21h.

No sin mis huesos é unha peza que conmemora o cuarto centenario da morte de Miguel de Cervantes. Trasládanos a un mundo onírico en que os fantasmas e os pensamentos obsesivos toman un papel fundamental na vida do autor, especialmente sobre a súa estancia en Alxer. 

Trátase dunha creación onde se propón reflexionar a través do theatrical breakin como un soldado frustrado conseguiu transformar a enerxía negativa en arte, e como pasou de ser un soldado a ser un dos escritores máis importantes da historia universal. 

Director xeral:  Iron Skulls Co. Bailaríns: Adrián Vega, Diego Garrido, Moisés “Moe”, Luis Muñoz, Facu Martín e Héctor Plaza “Buba”

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 12€ reducido a 9€ para Carné Xove, parados e xubilados.

Fariña – 11 e 12 decembro 20:30h.

Fariña conta a historia das últimas décadas de Galicia e de como foi posible que mentres unha xeración de rapaces e rapazas perdía a súa vida no labirinto da droga, unha serie de persoas vía crecer de maneira exponencial o seu poder económico a través dunha actividade ilícita como é o narcotráfico, utilizando para iso as vías establecidas para o tráfico de tabaco.

O espectáculo teatral Fariña vén dar un paso máis nesta necesaria confrontación coa nosa historia recente, tratando de dar voz aos que non a tiveron ata agora, e transformando as palabras de Nacho Carretero na vida escénica.

·Director: Tito Asorey. Reparto: Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cris Iglesias. Autor: Nacho Carretero

Entradas á venda a un prezo único de 16€.  Final del formulario