A Policía denuncia a unha persoa por negarse a cumprir o Estado de alarma

2

Durante todo o día, os municipais realizaron un labor informativo entre os veciños e veciñas que ocupaban o espazo público para pasear ou facer deporte, remitíndoos ao Estado de alarma e advertíndolles que tiñan que regresar aos seus fogares.

Durante toda a xornada de hoxe a Policía Local procedeu a informar a todos os veciños e veciñas da cidade que se atopaban na rúa que non podían ocupar o espazo público paseando ou facendo deporte, tal é así que tiveron que desaloxar a Illa do Covo baseándose no contido do decreto do Estado de alarma. En todo momento, todas as persoas informadas adoptaron unha actitude moi colaborativa, e regresaron aos seus fogares.

O único caso contrario foi o dun home acompañado dunha muller que paseaba pola avenida Augusto García Sánchez, e que ante o aviso da Policía Local reaccionou insultando aos axentes e tirándolles o DNI ao chan, cando lle solicitaron que se identificase. Finalmente a Policía procedeu a tramitar unha denuncia por por falta de consideración aos axentes.