O Concello inicia mañá a fumigación e desinfeción dos espazos públicos da cidade

23
  • Terán especial atención os espazos de aglomeración de persoas como inmediacións de hospitais, supermercados… así como todas as prazas e rúas da cidade.
  • Iníciase un protocolo de recollida do lixo das doentes por Covid-19. Os afectados e afectadas deberán porse en contacto coa Policía que será a encargada de avisar á empresa concesionaria que recollerá este lixo porta a porta.

O Concello de Pontevedra inicia mañá os traballos de prevención para evitar a propagación do Covid-19 coa fumigación e desinfeción de todos os espazos públicos da cidade: rúas, beirarrúa, prazas…, e inicia o proceso de xestión do lixo das persoas doentes pola enfermidade. Estas e outras medidas foron adoptadas esta mañá na reunión de emerxencia presidida polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, no que se acordou o peche de atención ao público das oficinas municipais e o peche doutros espazos públicos como a Illa do Covo, a Xunqueira de Alba ou as praias.

O Concello xa trasladou á empresa concesionaria do lixo, Ferrovial, as instrucións de que mañá a primeira hora comece os traballos de fumigación e desinfectación dos espazos públicos con especial atención aos lugares de maior reunión de persoas como as inmediaciós dos centros sanitarios, supermercados…

Os traballos que se realizarán con lavabeirarrúas e persoal a pé será permanente durante os días, cando menos, durante todo o confinamento.

Por outro lado, o Concello activa a partir de mañá o protocolo sanitario para a recollida de lixo das persoas doentes afectadas polo Covid-19. A actuación prevista é que as persoas afectadas depositen o seu lixo nunha bolsa aparte e pechada diferente a do resto da familia.

No momento en que estean confirmados os positivos, deberán poñerse en contacto coa Policía Local que será a encargada de avisar á empresa concesionaria do lixo que recollerá a bolsa á porta do seu domicilio a partir das 22.00 horas. Os traballadores e traballadoras do servizo de lixo acudirán con traxes especiais á recollida destes residuos para evitar a contaminación.

Por outro lado, na reunión fíxose unha valoración do Estado de alarma e a súa aplicación na administración local ademais acordou o peche doutros espazos recreativos e de lecer como a Illa do Covo, a Xunqueira de Alba ou os parques infantís.

COMPARTIR