Parques e Xardíns remata a restauración do valado e as papeleiras de madeira do parque infantil de Barcelos

8
  • A actuación impulsada pola Concellería de Medio Natural supuxo un investimento de 4.800 euros e incluíu a renovación, lixado e vernizado de traveseiros e substitución das bases de metal

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de rematar a restauración de todo o valado perimetral e as papeleiras de madeira do parque infantil da Praza de Barcelos. A actuación, contratada polo Servizo Municipal de Parques e Xardíns, foi realizada grazas a unha achega económica de 4.800 euros e incluíu a substitución dos traveseiros podres ou en malas condicións, o lixado e vernizado de tódalas pezas e a instalación dalgunhas novas nos puntos de ancoraxe do valado.

Os traballos tamén permitiron a renovación das bases de fixación de metal, que en moitos casos amosaban un avanzado estado de oxidación, de xeito que tódolos elementos se atopan xa en perfectas condicións de conservación e seguridade. O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, fai fincapé na importancia de manter os parques e as zonas verdes en bo estado, “tanto para evitar posibles focos de infección como para telos listos para cando as medidas de confinamento se vaian levantando e poidamos volver desfrutar deses espazos en compañía dos nosos fillos”.

COMPARTIR