Ben veñas, maio suspende a semana de teatro e o certame musical

22
  • O resto de certames seguen en marcha. O prazo de presentación dos traballos remata o luns, 20 de abril.

A alerta sanitaria obriga a trastocar o programa Ben veñas, maio, de promoción da creatividade da mocidade en lingua galega entre os institutos do concello. A Concellaría de Normalización Lingüística organizadora dos certames en colaboración cos centros de ensino acordou suspender a XXIV Semana de Teatro e o XX Certame musical, pero o resto de convocatorias seguen en marcha.

Ben Veñas Maio 2020 abrangue, polo tanto: 

  • II Certame de Videoclips Musicais 
  • IV Certame de Curtametraxes 
  • XIX Certame de Fotografía 
  • XXVII Certame de Banda Deseñada 
  • XXVII Certame de Narración Curta 
  • XIX Certame de Poesía 

O período de presentación de traballos aos premios remata o 20 de abril de 2020. 

Ben veñas, maio quere impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde distintos eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Estes certames teñen como obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da lingua. 

A actividade dirixida por Xosé Luís Xaneiro, coordinador do equipo de Normalización Lingüística do IES Sánchez Cantón, está pensada para mozas e mozos estudantes nos centros públicos de ensino secundario obrigatorio, ciclos formativos e bacharelato do concello de Pontevedra.