O Concello contrata unha nova aplicación electrónica para axilizar os trámites tributarios municipais

26

  • Cun orzamento de 359.000 euros, permitirá optimizar a xestión interna da área tributaria e mellorar a atención á cidadanía
  • Esta actuación está cofinaciada a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación do “Subministro e implantación dunha solución electrónica para a xestión integral tributaria e doutros ingresos” municipais. Trátase de implementar unha solución, compatible coa aplicación xa existente na Administración electrónica do Concello, que permita dunha banda, optimizar a xestión interna da área tributaria, e por outra, axilizar e mellorar a atención á cidadanía.

Este contrato, que foi adxudicado á empresa ‘Gestión Tributaria Territorial S.A.’, conta cun orzamento total de 359.000 euros. Durante o proceso de licitación, a empresa xa realizou unhas primeiras probas de compatibilidade entre a solución electrónica proposta e a aplicación existente no Concello (a aplicación CIVIDAS). Desde a comunicación da adxudicación do contrato, a empresa contará cun prazo máximo de 4 meses para que aplicación estea en funcionamento e cun prazo suplementario de 12 meses para realizar os axustes e integracións precisas coa aplicación CIVIDAS.

Este contrato vén suamarse a outros xa adxudicados nos últimos meses, como o da renovación dos servidores da base de datos e o do subministro dunha nova cabina de almacenamento, encamiñados todos eles a modernizar a administración electrónica, para dar resposta aos procesos e procedementos adminsitrativos municipais e mellorar a calidade do traballo e de atención á veciñanza.

Estas actuacións están cofinaciadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra.

COMPARTIR