Festas e Maravallada convocan mañá a Pontevedra a uns novedosos Cantos na Varanda

26
  • A partir das 21.00 horas habilitarase unha conexión na que todos os que o desexen canten tres pezas musicais dende os seus balcóns ou fiestras, e en directo.

A Concellaría de Festas en colaboración coa asociación Maravallada organiza mañá pola tarde “Cantos de varanda”. Dadas as obrigas do confinamento derivadas da situación sanitaria, os organizadores de Cantos de Taberna decidiron poñer en marcha esta nova iniciativa á que se poden sumar todas as persoas que o desexen dende as súas casas.

Mañá, 1 de maio, a partir das 21.00 horas Maravallada habilitará unha conexión en directo a través do enlace:

No que as persoas que o desexen poderanse sumar en directo á agrupación para cantar 3 pezas a través dos seus teléfonos, tabletas… e dende o seu balcón ou fiestra. A conexión permitirá ir lendo as letras das tres cancións e terá unha duración duns 25 minutos.

A Concellaría de Festas e Maravallada convidan a todos os veciños e veciñas de Pontevedra a sumarse a esta iniciativa que permitirá facer máis levadeiro o confinamento e darlle continuidade aos Cantos de Taberna a través da rede, até que a situación sanitaria non permita retomalos.