O Concello abre hoxe os cemiterios municipais

13
  • Os do rural (Bora, Campañó, Lourizán e Ponte Sampaio) abrirán en horario habitual.
  • San Amaro abrirá de 09.00 a 11.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e haberá un control de acceso.

A Concellaría de Cemiterios que dirixe Carmen Fouces abre, dende hoxe, os cemiterios municipais de Pontevedra, coa intención de ir recuperando a normalidade neste eido e minorar a dor de moitos pontevedreses e pontevedresas que nestes últimos dous meses perderon a un ser querido.

Os cemiterios municipais son: Campañó, Lourizán, Bora, Ponte Sampaio e San Amaro. 

Todos os cemiterios do rural abrirán en horario habitual, e o de San Amaro terá un horario específico: de 09.00 a 11.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e terá un control de acceso.

Carmen Fouces, concelleira responsable de Cemiterios.