Benestar Social e Secretariado Gitano amortiguan a brecha educativa mediante o reparto de tablets

19

Amortiguar a brecha educativa, que se viu acentuada aínda máis durante a crise sanitaria da Covid-19, foi o principal obxectivo da entrega de tablets en préstamo realizada hoxe ao alumnado dos programas de educación que a Fundación Secretariado Gitano desenvolve en colaboración coa Concellería de Benestar Social, que dirixe Paloma Castro. A súa distribución foi posible grazas á furgoneta da Redeaxuda.

A Fundación Orange fixo posible que cinco fogares con 11 menores recibiran unha tablet e conexión a internet para que as nenas e nenos poidan continuar con regularidade o curso escolar. Asemade, entregáronse en empréstito a outros 11 alumnos/as dos programas de educación un ordenador e dez tablets doadas por Profuturo (Fundación Telefónica e Fundación La Caixa), e ordenadores doados por United Way e Altrim.