Rexistro e Padrón retoman a atención presencial a vindeira semana

133
  • Estes servizos prestaranse na Casa da Luz e é preciso solicitar cita previa por teléfono para evitar aglomeracións e axilizar a atención de acordo coas normas de seguridade esixidas no estado de alarma 
  • O horario de preferencia para persoas maiores de 65 anos será de 13:00 a 14:00 horas

A partir do 25 de maio as oficinas do Rexistro e do Padrón de Habitantes reanudan a atención presencial, introducindo as pautas necesarias para adaptar a prestación doestes servizos ás normas de seguridade esixidas no estado de alarma. A primeira é que só se atenderá a persoas que teñan solicitado cita previa chamando ao 986 85 03 37.

A atención presencial realizarase na Casa da Luz, na praza da Verdura, posto que estes dous servizos tiveron que ser trasladados a este edificio por mor das obras que se están realizando na planta baixa de Michelena 30 e cuxa duración se estima en aproximadamente 2 meses.

Só se atenderá a persoas que acudan con cita previa no horario outorgado por teléfono, entre as 9:00 e as 14:00 horas, e resérvase un horario preferente para persoas maiores de 65 anos entre as 13:00 e aa 14:00 horas. Aínda que o horario da cita é orientativo, procurarase que sexa o máis axustado posible para evitar as aglomeracións nas inmediacións do edificio, xa que a espera deberá realizarse fóra das instalacións.

O acceso ao edificio será de forma individual e mantendo sempre a distancia de seguridade de 2 metros con outras persoas, e recoméndase acudir á cita con luvas e máscara. 

O aforo máximo permitido será de 20 persoas incluíndo ás e aos traballadores municipais.

COMPARTIR