Comezan as obras de reposición de firme en Ma Vitoria Moreno e Fernando II

10
  • Os días 28 e 29 de maio haberá nestas rúas cortes de tráfico e desvíos provisionais por mor desta actuación
  • Estes traballos, que se enmarcan no contrato de mantemento de espazos públicos urbanos, teñen por obxectivo rehabilitar a capa de rodadura en tramos nos que se aprecia deterioro

As obras de reposición de firme continuarán esta semana na avenida María Victoria Moreno, na contorna da glorieta coa rúa Iglesias Vilarelle, e na rúa Fernando II, no tramo entre Pintor R. Alonso e Fernando III o Santo. Así, a actuación na glorieta de María Victoria Moreno terá lugar na xornada de mañá, xoves 28 de maio, e no tramo de Fernando II realizarase mañá e pasado, o que implicará cortes e desvíos de tráfico. EstEs traballos de rahabilitación da capa de rodadura en puntos nos que se ten detectado algún tipo de deterioro forman parte do contrato de mantemento de espazos públicos urbanos.

Na xornada do xoves, o tráfico na avenida María Victoria Moreno permitirase só no sentido que vai desde a avenida de Marín cara a avenida de Vigo. O tráfico en sentido contrario -en dirección avenida de Marín- será desviado cara a rúa Alcalde Hevia continuando pola rúa Iglesias Vilarelle e Xeneral Rubín, agás os autobuses que poderán continuar circulando pola avenida María Victoria Moreno. Os garaxes do tramo da avenida Maria Victoria Moreno entre as rúas Alcalde Hevia e Taboada Nieto sairán cara a avenida de Vigo e accederán procedentes da avenida de Marín. En canto á actuación na rúa Fernando II, prevista para xoves e venres, o tráfico no treito entre Pintor R. Alonso e Fernando III O Santo permanecerá pechado agás para entrada e saída de garaxes.

A reposición do firme en rúas que presentan deterioro é unha actuación que se realiza desde a área de Mantemento de Espazos Públicos Urbanos, que xestiona a concelleira Eva Vilaverde, e comezou este luns na glorieta de San Roque e na contorna da Praza de Touros. Tras os traballos en Fernando II e Ma Victoria Moreno, actuarase tamén en tramos da avenida Xoán Carlos I, praza de Galicia (o tramo da parada de autobuses), rúa Juan Bautista Andrade, rotonda Xoán Carlos I – Losada Diéguez – Gaiteiro Ricardo Portela, e glorieta da rúa Echegaray – Alfonso XIII.